Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Muxía
Parroquia: Moraime (San Xiao)
Lugar: O Castro, Xanzón
Outra denominación do ben: O Castro, Monte do Castro.
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Asentamento fortificado situado na parte alta do monte, ó SW do lugar de Xanzón, a uns 277 metros sobre o nivel do mar. Presenta un recinto ovalado cunhas medidas duns 156 metros de SW-NL por uns 105 metros de NW-SL, ocupando unha superficie de 1,42 metros cadrados máis ou menos. O xacemento está cheo de toxo, silvas e outras matogueiras que o fan practicamente inaccesíbel. Segundo o pxom do concello, ten dous parapetos defensivos separados seis metros entre si. Hai unha elevación do terreo que podería corresponderse cun terceiro parapeto.
Este castro domina unha ampla zona de terreo cunhas grandes vistas, destacando a ría de Camariñas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15052007
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo as xentes do lugar, das fontes darriba do monte viñan os mouros e, tamén, durante a Guerra Civíl houbo un destacamento militar armado con metralladoras vivindo alí durante un tempo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUXIA/documents/28006ca001.PDF (pax. 13 do pdf)
http://www.concellomuxia.com/pxom/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0692890668
Lonxitude: -9.21988785311
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84