Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Muxía
Parroquia: Moraime (San Xiao)
Lugar: O castro. Xanzón.
Outra denominación do ben: O Castro
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Asentamento fortificado situado ó nordeste do lugar de Xanzón e ó oeste do lugar de Serantes, a uns 125 metros sobre o nivel do mar. Presenta un recinto ovalado tendendo a circular cunhas medidas duns 110 metros de leste-oeste por uns 105 metros de norte a sur. Na zona oeste presenta tres terrazas e un posíbel foxo aínda que, debido o seu estado selvático, non se puido concretalo. O castro está defendido por un parapeto que o cingue completamente e a súa entrada semella estar na cara oeste. Dende esta zona cara ó norte, a uns 250 metros de distancia, pasa o Rego de Moraime. No ano 2011, podíase ollar o castro limpo e sen a plantación de eucalipto que presenta agora. En comentarios pódese vela fotografía sacada dos mapas e visores da Xunta. Dicir tamén que as xentes do lugar coñecen este xacemento como o castro de Xanzón, tendo este lugar dous castros, un no alto do Monte do Castro e este situado no Castro. Este xacemento non está catalogado no pxom do concello aínda que xa están avisados e os seus técnicos están traballando sobre a información dada.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
As xentes do lugar de Xanzón dinos que, deste castro saen uns túneis que van a dar o Mosteiro de Moraime.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0758050002Lonxitude: -9.20837670586
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Xose Troiano says:
Ago 31, 2016
Fotografía sacada dos mapas e visores da Xunta do ano 2011.