Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Muros
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Camiño Novo
Outra denominación do ben: Parroquial de Muros, Igrexa de San Pedro, Santa María a Nova
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Este templo constitúe o edificio relixioso máis importante da vila e que anteriormente se coñecía como a Colexiata de Santa María do Campo, denominacion obtida por estar fóra dos muros da Vila. Foi mandado construír por D. Lope de Mendoza non século XIV, e así o atestigua a inscrición que se atopa enclavada na porta principal, sendo terminado non ano 1400. No referente á sua estrutura, o edificio consta dunha única e ampla nave dividida en cinco tramos que termina na capela maior, na cabeceira, que se cobre cunha vistosa bóveda de crucería. Dita nave está cuberta a dúas augas cun teito de madeira, que descansa sobre arcos apuntados. Co paso do tempo foi sufrindo diversas obras e ampliacións, e desta maneira engadíronselle as capelas que pertencen ós séculos XV e XVI, e onde se atopan os diferentes altares nos que se localizan interesantes sepulcros medievais, todas elas conformadas con cantería e bóveda de crucería, agás unha delas cunha bóveda estrelada. Do templo primitivo consérvase a portada principal de acceso, o rosetón gótico, algúns canzorros e moitos dos signos lapidarios gremiais gravados nos sillares.
No exterior ten unha torre campanario barroca do ano 1757 a espensas do Gremio de Mareantes da Vila ao igual que algunha capela lateral, o dito campanario presenta unha balaustrada pétrea no corpo das campás, ademais dun pórtico cuberto que se sitúa sobre a entrada principal, e diante do mesmo esténdese un dilatado e fermosísimo atrio onde na Idade Media se reunía o “Concejo” que gobernaba a vila. A campá máis grande desta Igrexa, que aínda hoxe en día repica no seu campanario, foi un regalo de Montero Ríos, e fixo a viaxe ata aquí nun carro de vacas. Os anciáns que na actualidade residen na vila refírense a ela como “a campá de Montero”. A imaxe máis venerada polo pobo muradán atópase tamén nesta Igrexa. Trátase dunha imaxe do Cristo da Agonía, que é unha representación barroca de Cristo, na que se reflexa unha gran expresión de sufrimento. Encóntrase no altar das Dores e sae en procesión polas rúas muradás o día de Venres Santo. Parece ser que foi feita por encargo do Gremio dos Mareantes desta vila.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Garda esta obra numerosas inscricións e brasóns, imaxes e retablos de importancia así coma diferentes labras nos capiteis.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Arquitecturas da Provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son
José Ramón Soraluce Blond. Xosé Fernández Fernández

Historia de Muros y su distrito .- 2ª ed. Ramón de Artaza Malvárez
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/23632ca149.pdf
pax. 8
http://www.muros.es/ga/iglesias.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7737069069
Lonxitude: -9.0565431118
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84