Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Boqueixón / Santiago (comarca)
Parroquia: A Granxa (San Lourenzo)
Lugar: Pico Sacro
Outra denominación do ben: Covas do Pico Sacro
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

No interior do Pico Sacro atópase unha sima silícea, a diferenza doutras similares que están feitas de cuarcita, esta sima está integramente feita en cuarzo o que a fai, cos seus supostos 117 metros de profundidade según os últimos estudos, a sima de cuarzo máis grande do mundo coñezida ata o momento.
Na primeira década do século XXI, o Clube Espeleolóxico Maúxo fixo un estudo detallado do Pico Sacro e da sima. A sima comeza, segundo os estudos realizados por Maúxo, no alxibe do castelo que hai no cumio e descende un total de 32 metros ata o Burato dos Mouros. No seu descenso atópanse dúas covas, unha natural na cara norte coñecida co nome de Pazo da Raíña e a outra, na cara norleste feita artificialmente e coñecida co nome de Contramina de Juan Antón.
Non se atopa inventariada, mais están protexidos tanto o Castelo de Montesagro como a Capela de San Sebastián polo que a sima atópase no seu radio de protección.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

A tradición oral que rodea ao Pico Sacro e as súas covas e moi ampla. As numerosas lendas van dende os Mouros, ata a Raíña Lupa pasando por xigantes, demos, dragóns e como non, os romanos e a súa busca de ouro. Pero a lenda máis famosa é a relacionada coa tradición xacobea onde se di que os discípulos pasaron por esta paraxe portando os restos do Apóstolo Santiago, por iso o monte pasou de chamarse monte Illicinus a Montesagro ou Pico Sacro.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Proxecto feito e redactado polo Clube Espeleolóxico Maúxo.
http://www.boqueixon.com/downloads/biblioteca/cova.do.pico.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Como se explica nas conclusións do traballo do Clube Espeleolóxico Maúxo, o fondo da sima está colmatado de pedras e lixo que os visitantes tiran ao seu interior contaminando a cova e as augas que se filtran por ela.


Onde está localizado

Latitude: 42.8074918659
Lonxitude: -8.44651222229
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84