Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Santiago (comarca) / Santiago de Compostela
Parroquia: Nemenzo (Santa Cristina)
Lugar: A Pedra
Outra denominación do ben: As Uces Brancas
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Castro composto por unha croa principal de forma case circular e que alberga un recinto duns 42 m. de diámetro. Se engadimos a esta lonxitude o ancho das grosas defensas de terra que o cinguen en todo o seu perímetro, xunto co foso que as anteceden, chegaría aos 80 m. Estas medidas foron tomadas segundo planos de pendentes lidar e ortofotos. Non se aprecia zona de entrada nas murallas e adivíñanse restos dun antecrasto na zona sur. Na zona occidental, considerada a máis vulnerable, ten un foso que antecede ao terraplén, co cal a altura do conxunto defensivo alcanza sobre uns 7 metros. Na zona central ten unha elevación dun afloramento rochoso que parece que foi intervido na súa contorna para obter unha superficie de elevación. Non descartaríamos a posibilidade de que o castro fora utilizado noutra época como punto defensivo debido a súa estrutura e a pouca superficie do recinto interno, que deixaría só un pequeno espazo habitacional ente a muralla e a parte prominente do seu centro.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA 15078052
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Pxom Santiago, ano 2007.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca007.PDF pax 7
VV.AA. (1987): Catalogación de Yacimientos prerromanos del Ayuntamiento de Santiago. Pax 134, 136, 163 (fig. 20). Arqueoloxía/Investigación 3. Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Benestar Social. Dirección Xeral de Cultura e do Patrimonio Histórico-Artístico. Santiago.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9564853281
Lonxitude: -8.48140239716
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84