Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Pazos de Borbén
Parroquia: Amoedo (San Sadurniño)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Curioso peto de ánimas de tipo aberto feito dun so perpiaño granítico situado ao carón da igrexa parroquial. Nel podemos ver unha fornela con pilastras laterais. No interior aparece unha imaxe pétrea que semella un Santo. O conxunto remataba cunha cruz, hoxe desaparecida.
Pola parte baixa da fornela podemos ver unha inscrición moi erosionada da que so se pode ver a palabra “MIGUEZ”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Segundo recolle Estanislao Fernández de la Cigoña e Núñez no seu libro (ver referencia bibliográfica) a pedra foi un antigo panteón dunha sepultura. Cando se arranxou o muro de peche do adro da igrexa, esta pedra caeu ao camiño e os veciños a colocaron no lugar que hoxe ocupa e lle puxeron o nome de “Santo Macuco”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
PXOM Pazos de Borbén. Aprobación inicial Xuño 2009 (Ficha AM 17)
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Rodeado de porcallada. Ao seu carón podemos ver un cubo da basura.
Fai poucos anos que perdeu a cruz do cume.
Onde está localizado
Latitude: 42.2951990265Lonxitude: -8.54421168566
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84