Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Muxía
Parroquia: Morquintián (Santa María)
Lugar: Morquintián
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular rematado con chafráns e unha mesa acaroada. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. Ten un capitel cuadrangular con figuras circulares. A súa cruz é rectangular cos brazos achafranados. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, as mans abertas e a perna dereita sobre a esquerda. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O pano de pureza semella ir anoado cunha corda pola súa dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe coroada en actitude de orar coas mans xuntas sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
– http://www.concellomuxia.com/pxom/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0450741576
Lonxitude: -9.23278279608
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84