Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: San Xoán de Pena (San Xoán)
Lugar: Seoane
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:
A actual igrexa parroquial atópase no centro xeográfico da parroquia segundo contan os veciños. Contruída ex novo no ano 1872, con muros de laxas de pizarra local e partes máis nobles de sillería de granito, espadana con dous ocos e dúas campás.
A mediados do século XX fixóselle unha ampliación, consistente en ensanchar a nave. No interior, consérvanse tres retablos, o do altar maior, de estilo neogótico, da primeira metade so século XX, e dous laterais, de estilo neoclásico. Estes dous últimos, a raíz das transformacións da igrexa tralo Concilio Vaticano II, foron mutilados os altares, e recortados ao ser cambiados de lugar. Nos muros da igrexa consérvanse varias pezas provintes da antiga igrexa de Adro Vello,situada no lugar de A Eirexe, as de máis interese son tres pezas de mármore do Incio, dúas no exterior, unha de maior tamaño, sen máis decoración á vista que un biselado. A outra, na fachada principal, ten motivos sogueados. A máis salientable atópase no interior, e trátase dun capitel tardorromano de mármore, reutilizado como pía da auga bendita.
Na igrexa gárdanse tamén outros restos da antiga igrexa, como un modillón sogueado, reutilizado posteriormente, tallando un canzorro románico de tipo proa no outro extremo. Un fragmento de cornisa e restos de cal con pinturas.
A igrexa rodéase de adro-cemiterio.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LUGO/documents/27519ca048.PDF (Pax. 5)
Ficha de Adro Vello en Patrimonio Galego: http://patrimoniogalego.net/index.php/87106/2016/06/adro-vello/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9641589968Lonxitude: -7.51305699354
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84