Capela da Virxe dos Milagres de Cortegada
Catalogouno elixiovieites o Set 6, 2016 • 2:56 p.m. • 3 CommentsOutra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Salnés (comarca) / Vilagarcía de Arousa
Parroquia: O Carril (Santiago)
Lugar: Illa de Corteada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Capela de planta rectangular feita a base de Sillería granítica e tellado a dúas augas. Na entrada amosa porta de traza renacentista con arco de medio punto, flanqueada por pilastras e rematada por enriba con frontón triangular co escudo do arcebispo de Compostela Fernando de Andrade y Sotomayor, que en 1652 , sendo tanta a afluencia de doentes e tal o risco de contaxio polas epidemias, decidiu afastar a ermida do lugar de onde estaba cerca do peirao no poboado de Cortegada, trasladándoa ao sitio onde se atopa actualmente. O estado actual é de ruína, co tellado afundido e parte dos muros e arcos interiores esborrallados.
Hai unha descrición da capela de Bouza Brey do ano 1924, que di : “Conserva tres altares churriguerescos de bastante boa man. O principal, o maior, ten hoxe na fornela un San Juan Bautista e coróao un baixo relevo da Anunciación. Aos lados ten dous medallóns de madeira nos que había en letras negras, hoxe moi borrosas, a noticia de que fora dourado, pintado ou regalado a devoción de D.JV DE CASTRO E, CAAMAÑO, único nome que se entende claramente.
Os altares laterais representan en baixo relevo de madeira. O da dereita, entrando, a Visitación de Sta. Isabel e na escena non aparecen máis que os dous personaxes, a Virxe e a súa curmá. No da esquerda, que é de moita mellor factura, represéntase a Anunciación e a figura do Anxo é notable. Ambos altares están coroados de fornelas baleiras.
Existen colgados do teito un magnífico ex voto consistente nun bergantín armado completamente non faltando detalle no seu arboladura, e de como un metro de longo.Na fachada as armas do Arzobispo Don Fernando de Andrade. Ao costado dereito da capela están unidas as ruínas do antigo hospital que é case do mesmo ancho da fronte da capela e de menos longo por interpoñerse a sancristía. Na fronte ten unha porta e unha fiestra sen adorno nin inscrición algunha”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILAGARCIADEAROUSA/documents/1009CA003.PDF
pax. 19
http://carrilhistoria.blogspot.com.es/2015/01/descripcion-do-interior-da-capela-de.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Está en ruína case total. Co teito e parte do interior esborrallado.
Onde está localizado
Latitude: 42.6148938235Lonxitude: -8.78574728966
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
elixiovieites says:
Set 6, 2016
A Capela dos Milagres de Cortegada nunha foto antiga en
http://goo.gl/jru26M de http://www.patrimoniovilagarcia.com/
LINO JOSÉ PAZOS says:
Mar 18, 2017
Podeis ver la imagen de la Virgen de la Esperanza que publique en 2002 en el libro “La isla de Cortegada en su historia”; se trata de una talla de madera policromada…
Oscar Franco says:
Dec 24, 2019
A prensa escrita do 20 de decembro de 2019 recolle a nova da licencia de rehabilitación deste ben:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2019/12/20/rehabilitacion-capilla-cortegada-licencia/0003_201912A20C2994.htm?fbclid=IwAR0Yrm3E2LV_fPvT6D3HL6cXS5xY-3kBngXmehOR-ll5XugZmJznNJPGMT0