Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ordes (comarca) / Tordoia
Parroquia: Leobalde (San Cristovo)
Lugar: Abongo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Castro a unha altitude de 290 m. e situado nunha pequena zona chan entre o Monte da Peneda e as pendentes de caída cara río Lengüelle. Está entre os regos das Brañas de Fóra e o da Fonte da Riba. Está composto por unha croa duns 75 metros de diámetro, de formas redondeadas polas bandas norte e oeste e de lados case rectos pola zona leste e sur. Está defendido por murallas de terra e cachote e dous profundos fosos que o cinguen na súa totalidade, e con muralla entre eles. Son de maior profundidade na banda oeste. Pola zona sur, onde parece que tería a entrada orixinal, apréciase unha superficie entre a muralla da croa e a que separan os fosos defensivos maíor que a que existe en todo o perímetro. Esta parece que foi ampliada cun recinto de forma rectangular cara o suroeste, xa exterior as defensas, e que está defendido por un pequeno foso.
Ten outra entrada máis ao oeste, que se observa que foi derrubada polas labores agrícolas deixando ver a súa composición de pedra e cachotería. O interior do castro é usado como terreo agrícola.
Na fotografía da ficha podemos ver o foso exterior coa muralla da marxe esquerda que o separa do segundo concéntrico á croa.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: RI.000014899
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0410573724Lonxitude: -8.46822738647
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84