Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Vimianzo
Lugar: Casa do Prado
Outra denominación do ben: Mámoa de Mourelos 3
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Este dolmen forma parte dun conxunto de tres mámoas. Dúas delas (o dolmen e outra sen escavar) están na mesma finca e a outra, cruzando a pista. Están situadas entre os 200 e 205 m. de altitude.

Pola súa tipoloxía, podémola encadrar ó redor do terceiro milenio a.C. Presenta cámara poligonal con corredor. Está bastante estragado, pero aínda se conservan seis chantas verticais.
A necrópole megalítica tamén é coñecida como “mámoas de Mourelo”


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15092094
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1249492003
Lonxitude: -9.07059252262
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84