Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tui
Parroquia: Randufe (Santa María da Guía)
Lugar: A Abelleira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Fermoso petróglifo, catalogado como BIC, situado sobre unha laxa de pedra granítica fracturada que segue a caída da aba da ladeira.
Nela podemos ver un conxunto de inscricións composto de cazoletas, círculos e animais. Posúe un desgaste lonxitudinal por mor da tradición asociada a esta pedra (Ver apartado de Tradición Oral).
Este petróglifo, descuberto no seu día polo “Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño”, foi declarado Monumento histórico-artístico – Decreto 3741/1974 20 de decembro de 1974.

Na contorna, subindo o corta lumes en dirección Este, podemos ver varios petróglifos representando cuadrúpedes, círculos, liñas e cazoletas, todos eles en diferentes estados de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaComunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36055018
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Este petróglifo recibe o nome de Rozacús porque foi tradición de moitas xeracións de nenos e nenas o seu uso como tobogán.


Historia recente do ben:

O 24 de maio de 2019 o Concello de Tui anuncia un plan de posta en valor deste petróglifo.
Preséntase a finais de agosto de 2020.
(ver referencias bibliográficas)


Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TUI/documents/27513CA101.PDF (Ficha 19 – Páxina 23)
http://tudensia.blogspot.com.es/2013/09/estragos-nos-gravados-rupestres-de.html
http://ceiprandufe.blogaliza.org/2011/11/17/prehistoria-7%C2%AA-parte/
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/petroglifos-de-galizagalicia-provincia_9.html

http://tui.gal/en/novas/o-concello-de-tui-pora-en-valor-os-petroglifos-de-rozacus-e-do-alto-do-coello-en-randufe
https://www.depo.gal/web/edepo/-/noticia-tui-o-concello-de-tui-pora-en-valor-os-petroglifos-de-rozacus-e-do-alto-do-coello-en-randufe

https://www.farodevigo.es/comarcas/2020/08/29/tui-estrena-museo-prehistorico-aire/2333158.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/tui/2020/05/30/tui-descubre-legado-prehistorico-arte-rupestre-trece-petroglifos/0003_202005V30C5992.htm
https://telemarinas.com/tui-pone-en-valor-un-conjunto-de-trece-petroglifos-cinco-de-ellos-ineditos/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0550305391
Lonxitude: -8.67619246244
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84