Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: O Corgo
Parroquia: Pedrafita (San Miguel)
Lugar: Agra de Pedrafita
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela de planta rectangular con muros de pedra granítica e cuberta en lousa a dúas augas sobre estrutura de madeira. Frontis con porta alintelada con dúas fiestras laterais e espadana dun van. Presbiterio máis reducido e alto ca nave cuberto a catro augas. No interior retábulo barroco sinxelo, mutilado para adaptarlle un camarín para a Virxe das Virtudes, con San Ramón Nonato e Virxe coas mans cruzadas. Nun lateral disponse un retablo renacentista con columnas estriadas e tres tallas da Virxe e no exterior hai un fito moderno que sinala o paso da vía romana XIX.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

A festividade da Virxe das Virtudes celébrase no mes de maio, no día da Ascensión. Cóntase que hai moitos anos uns veciños atoparon á Virxe lavando xunto unha fonte próxima coñecida como Fonte das Virtudes. Leváronna para a igrexa parroquial pero ela volveu para a fonte, e así unha e outra vez ata que os veciños decidiron erixirlle unha capela no lugar.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Enlace á ficha do PXOM
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OCORGO/documents/27924ca003.PDF (p. 35)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9575838313
Lonxitude: -7.4277985096
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84