Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: O Corgo
Parroquia: Pedrafita (San Miguel)
Lugar: Agra de Pedrafita
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A Fonte das Virtudes atópase na Agra de Pedrafita, xunto o regato das Lavandeiras, tributario do río Chamoso. Está formada por un estanque-bebedoiro a nivel do chan resgardado por dúas pedras laterais e unha posterior sobre a que apoia outra pedra cobertoira.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Dise que foi aquí onde, hai moitos anos, os veciños atoparon á Virxe lavando. Leváronna para a igrexa parroquial pero ela volveu para a fonte, e así unha e outra vez ata que decidiron construírlle unha ermida nas proximidades. No mes de maio, cando se celebra a romaría, os fieis lávanse na fonte para curar enfermidades dos ollos e da pel, tanto para eles mesmos como para outros seres queridos que, por calquera causa, non poden achegarse ata o lugar, colgando na ramaxe próxima ao manancial algunha prenda como exvoto.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9547546954
Lonxitude: -7.42040634155
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84