Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Padrón
Parroquia: Padrón (Santiago)
Lugar: Xardín botánico-artístico de Padrón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

“A sequoia vermella, (Sequoia sempervirens), é unha árbore xigante, pode superar os 100 m de altura, do grupo das coníferas, sempre verde, orixinaria de América do Norte. Ten tronco con casca grosa, moi fibrosa, de cor avermellada, e follas aciculares, puntiagudas, con bandas estomáticas abrancazadas no envés, con inserción espiralada subdística, formando ramiñas con crecementos elípticos. Flores unisexuais monoicas. As piñas son redondeadas e de pequeno tamaño, con escamas peltadas. En Galicia cultívase como árbore de enfeite en parques e xardíns e, escasamente, en repoboacións forestais.
As características das dúas sequoias vermellas do Xardín de Padrón son semellantes, pois a época de plantación, tratamentos culturais, dendrometría, morfoloxía e estado sanitario son case os mesmos. As dúas conservan o tronco neiloide, engrosado na base, protexido por unha grosa casca fibrosa de cor parda avermellada, ademais da copa estreitamente piramidal e a ramificación monopódica que son características da especie.
No contorno singular do Xardín de Padrón, de extraordinaria fermosura e de gran aprecio popular, buscaron inspiración, segundo a tradición e fontes documentais, poetas inmortais galegos, como o trovador medieval de Padrón Macías “O namorado” ou Rosalía de Castro. O exemplar máis grande de secuoia vermella do xardín recibe o nome de Sequoia de Rosalía de Castro, pois ao pé do seu tronco adoitaba sentarse a poetisa galega máis célebre buscando a inspiración necesaria para crear os seus sentidos versos. O outro exemplar é coñecido polo nome de Secuoia de Macías O Namorado.
As dúas secuoias teñen amplos perímetros basais, sendo a de Rosalía a maior, con 10 m de perímetro. Esta medida redúcese a 6 m á altura do peito, xa que esta conífera presenta grandes contrafortes na base do fuste. As copas son piramidais, aínda que non totalmente regulares, pola presenza dalgunha rama seca. Acadan alturas de 35 e 33 m, bastante inferiores á altura potencial da especie.
Salvo a ausencia dalgunhas ramas nas copas e a presenza doutras secas ou con defoliacións, o estado sanitario é bastante bo, aínda que unha das árbores sufriu un proceso grave de defoliación hai anos, do que parece que se está a recuperar axeitadamente tras o correspondente tratamento”.
*Texto íntegro do catálogo de árbores senlleiras de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.cfeaguisamo.org/webcfea/images/formacion_regrada/arbores_senlleiras/20.pdf (Texto íntegro)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7384319541
Lonxitude: -8.65793421867
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84