Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Abegondo
Parroquia: Meangos (Santiago)
Lugar: O Souto
Outra denominación do ben: Castelo de Meangos
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A fortaleza de Axilda estaba edificada no extremo setentrional do monte Castelo, a 179 metros sobre o nivel do mar, sobre a igrexa parroquial de Santiago de Meangos. Esta fortaleza organizábase en torno a unha mota central de terra que se elevaba uns tres metros sobre o terreo circundante, a parte alta constituía un recinto que aparecía explanado, tiña planta cuadrangular e medía uns 50 metros de lado; é posible que este recinto estivese cercado por unha muralla de pedra, a xulgar pola lixeira elevación do terreo que se observa no seu reborde, onde ademais se amontoan cúmulos de perpiaños miúdos que poderían formar parte do mamposto do muro. O recinto está cinguido por un foxo duns dous metros de ancho que a súa vez está precedido dun cercado que aparece cuberto de terra e conserva pouco máis de metro e medio de altura. Este cercado, tamén cuadrangular, podería medir uns 30 metros de lado, o que sería ou podería ser o torreón da fortaleza. En toda a zona aparecen, dispersos en superficie, anacos de tella e cascotes de pedra.
A situación desta fortaleza entre os ríos Gobia e Fontaos, afluentes da marxe esquerda do Mero, permitíalle controlar desde o alto e na distancia, o tramo do camiño comprendido entre Presedo e Limiñón. O emprazamento dominaba visualmente os vales circundantes, especialmente cara o norte, xa que ó sur da torre elevábase a modo de padrastro, a cima do monte. Agás por ese lado que constituía a zona de acceso, as pendentes naturais do monte cinguían o emprazamento facilitando a súa defensa.
O visitador Jerónimo del Hoyo no ano 1607 afirma que o solar da casa dos Montotos é a torre que chaman de “Agilda”, sita nos arredores de Betanzos. Martínez Santiso cita unha historia manuscrita inédita das familias ilustres de Betanzos, da que extrae esta mesma información. Pérez Constanti tamén menciona a fortaleza.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15001009
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
HOYO, J. del: “Memorias de las iglesias del arçobispado de Santiago”. Edición de RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, A. e VARELA JÁCOME, B. Santiago, s. f., p 287.

MARTÍNEZ SANTISO, M.: “Historia de la ciudad de Betanzos”. A Coruña, 1987 (edición facsímil da de 1892), p 232. Quizais a obra da que fala Martínez Santiso sexa a “Historia de Betanzos”,anónima, incluída por Benito Vicetto no apédice xeral da súa “Historia de Galicia”. 1872, vol. V, p 441.

PÉREZ CONSTANTI, P.: “Notas viejas galicianas”. Vigo, 1925, vol. I, p 92.

VALDÉS BLANCO-RAJOY, M. R.: “Las fortalezas medievales que jalonaban la ruta jacobea entre Santiago y Betanzos”. Consejo Superior de investigacións científicas (CSIC).

ENLACES WEB PXOM
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca002.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2250723552
Lonxitude: -8.26151392674
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84