Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Corcubión
Parroquia: Redonda (San Pedro)
Lugar: A Oliveira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Este xacemento ten dous recintos, cunha croa de pequenas dimensións, protexida no seu perímetro por un parapeto e cinguida por outra liña defensiva. O castro está sen escavar, e parte do recinto está ocupado por terrazas con terreos de cultivo. Con respecto a croa, está invadida pola vexetación (fieitas, silveiras, toxos, eucaliptos, pinos e algun carballo novo).
O castro está a unha altura de 115 metros sobre o nivel do mar.
A súa situación permite o control da ría de Corcubión e gran parte do val de Cee e da costa até o cabo Fisterra.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15028001
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“Atlas arqueoloxico de Galicia, Comarca de Fisterra”, Xunta de Galicia, 2009.
“Rutas de los castros”, Asociación Neria, 2008.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Debido a abundancia de eucaliptos, as súas raices fan que poñan en serio risco o estado de conservación deste castro.
Onde está localizado
Latitude: 42.93260237164314Lonxitude: -9.190900325775146
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Elixio Vieites says:
Mai 14, 2012
Outra webs con información do castro:
http://www.neria.es/castros.aspx
http://sig.sixtema.es/corcubion/arbore.php
(patrimonio e lugares de interés de Corcubión)
Oscar Franco says:
Mai 2, 2017
Artigo na prensa escrita do 1 de maio de 2017 sobre este castro:
http://blogs.lavozdegalicia.es/cristobalramirez/2017/05/01/asi-esta-el-castro-de-quenxe-en-corcubion/