Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Abegondo
Parroquia: Meangos (Santiago)
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Recinto fortificado de forma ovalada situado a uns 154 metros sobre o nivel do mar. Estaba defendido por un parapeto cunhas medidas de NO-SL duns 140 metros de longo por uns 103 metros de NL-SO e duns 2-4 metros de alto, que o cinguía completamente; no surleste foi destruído parcialmente pola construción dunha igrexa, camposanto e aparcamento.
Na metade norte, presenta un pequeno recinto circular ou croa, duns 60 metros de diámetro, defendido por un terraplén.
Polas caras leste, norte e oeste, presenta unha terraza que acada os 30 metros de ancho no noroeste e que se vai pechando tanto pola cara oeste como pola cara leste, onde tan só ten uns tres metros de ancho. Na parte noroeste da terraza, semella haber outra duns vinte metros no seu máximo desenvolvemento.


Fotogrametría:

Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: ForestalOutros
Código no Catálogo da Xunta: GA15001008
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca002.PDF (pp. 50/51)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: SiNon
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Aparte da igrexa co seu cemiterio e aparcamento, este castro ten máis agresións, unha liña de alta ou media tensión que o cruza pola súa cara noroeste e unha plantación recente de eucaliptos.


Onde está localizado

Latitude: 43.2280975632
Lonxitude: -8.25811296707
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84