Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: A Coruña (comarca) / Abegondo
Parroquia: Mabegondo (San Tirso)
Lugar: A Torre
Outra denominación do ben: Pazo de Quiroga
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Conxunto arquitectónico que conta cunha edificación residencial e varias construcións anexas. A edificación principal, o pazo, atópase fronte ó acceso principal; peza alintelada con escudo, formando un patio pechado nos seus laterais polos alpendres, a casa do labrego e antigo hórreo de pedra.
O pazo, trátase dun grande edificio de planta cadrada, cun patio interior tamén cadrado e dúas alturas que se converten en tres en cada unha das torres que flanquean a fachada principal. As torres, simétricas, aparecen divididas horizontalmente por liñas de impostas, posúen cuberta de tella a catro augas, mentres que no resto do edificio a dúas. Os muros son de cachotería recebada e a cornixa de pedra a base de impostas.
É salientable na fachada principal, a gran porta de inspiración barroca, con arco de medio punto e columnas pareadas sobre pedestais ós lados, así como o balcón con balaustrada de fundición.
Un escudo de gran tamaño, no que se recollen os brasóns dos Quiroga; cinco estacas verticais, Os Reymóndez; un dragón, Capoa e Somoza, serven de remate a esta fachada. En cada unha das torres aparecen cadanseus escudos. Os balcóns son de madeira nos laterais e sobre ménsulas de pedra na parte traseira.
Sábese que a construción do pazo iniciouse a principios do século XVIII, cando Don Diego Quiroga e Reymóndez comprou o lugar ós Quiñones, os anteriores propietarios e cuxa familia nunca deixou de perder a propiedade do pazo. Un dos membros desta familia foi a escritora Emilia Pardo Bazán.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
SORALUCE BLOND, J.R., FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Volume VII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca006.PDF
(p. 21).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.240255507
Lonxitude: -8.27602028847
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84