Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Abegondo
Parroquia: Mabegondo (San Tirso)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de estilo barroco, posúe unha planta en cruz, cunha soa nave, destacando que o brazo transversal da cruz sitúase case no medio da nave principal. Os muros son de carga e, interiormente, móstranse revocados e pintados de branco, con excepción de arcos e zócalo que bordea o espazo interior da nave. Tamén se emprega cantería á vista para defini-las esquinas e enmarca-los ocos. A cuberta é a dúas e tres augas, con cubrición de tella curva do país.
Interiormente, tres arcos de medio punto, situados no cruceiro, delimitan os espazos das dúas capelas laterais e o presbiterio. Estes presentan, xunto co da nave principal, unha estrutura aérea abovedada, levada a cabo en madeira. O coro alto tamén está realizado en madeira.
No exterior, a decoración concéntrase na fachada, de cantería á vista. Esta presenta unha composición simétrica de proporcións case cadradas, o que a diferencia do conxunto arquitectónico de carácter relixioso desta zona. A porta principal posúe un lintel moldurado con decoración de orelleiras, e sobre ela unha pequena xanela, que mostra a mesma decoración ca da porta. O cadrado péchase na cornixa, da que parte unha balaustrada de pedra que se interrompe na súa parte central para dar paso a unha esvelta espadana de dous corpos que presenta unha leve decoración de aplacados na súa parte alta e un remate en pináculos. O cemiterio está dentro do recinto do adro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
SORALUCE BLOND, J.R., FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Volume VII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca006.PDF (p. 28)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2419243577
Lonxitude: -8.27701516451
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84