Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Abegondo
Parroquia: Mabegondo (San Tirso)
Lugar: A Igrexa - Adro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo crucifixo con plataforma cuadrangular de tres chanzos con voo. O pedestal é cuadrangular moi moldurado e unha gran escocia. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. Ten un capitel cuadrangular con astrágalo cuadrangular e liso. Ten o ábaco de lados curvos e vértices achafranados. O capitel ten ademais volutas, pétalos, vieiras e cabezas de anxo con ás. A súa cruz é octogonal con remates florenzados con botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, as mans pechadas e o pé dereito sobre o esquerdo. Ten a cabeza ergueita moi lixeiramente cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados. Ten un nimbo de ferro na súa cabeza e sitúase sobre unha peaña dun querubín. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.

Observacións: este cruceiro estaba situado na praza fronte á igrexa pero por motivos de seguridade viaria (fixeron unha rotonda no seu sitio) trasladouse co permiso de Patrimonio ao adro. Isto sucedeu na primeira semana de xullo do ano 2014.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca006.PDF (p. 29)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2418452246
Lonxitude: -8.27729411425
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84