Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Abegondo
Parroquia: Meangos (Santiago)
Lugar: Cima de Vila
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Igrexa de planta rectangular dunha soa nave e ábsida rectangular. Anexo a esta última hai un segundo corpo que funciona como sancristía. Os muros son de carga e aparecen recebados e pintados. A cuberta é a dúas augas con cubrición de tella curva do país sendo no interior dun entramado de madeira ó igual co coro.
O exterior concentra a escasa decoración na fachada principal seguindo un esquema pentagonal e dividido en tres tramos. No tramo central ábrese a porta rectangular e sobre o ingreso unha xanela en arco apuntado ou oxival. Dous pináculos flanquean nos laterais e, rompendo o vértice do pentágono a base do campanario de dous corpos. O primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serven para aloxa-las campás. O segundo outro arco de medio punto flanqueado por dous pináculos de igual forma cos anteriores pero de menor entidade. Remata o conxunto unha cruz de pedra pintada igual co resto do edificio.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Destacar que esta igrexa xunto co camposanto e o aparcamento, sitúanse dentro do recinto castrexo ocupando a parte surleste do mesmo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca006.PDF (p. 40)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.227667215
Lonxitude: -8.25795248154
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84