Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tui
Parroquia: Ribadelouro (Santa Comba)
Lugar: A Magdalena
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada e unha base moldurada.
O varal é de sección cilíndrica con acanaladuras. Na súa parte media podemos ver unha peaña, hoxe baleira, que posuía unha imaxe dunha santa coas mans entrelazadas. Esta imaxe foi roubada no mes de agosto de 2014 (ver referencias bibliográficas).
O capitel é tipo xónico, con volutas, motivos vexetais e rostros de anxos alados.
O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI acompañado dun anxo que recolle o sangue cun cáliz no anverso; no reverso a Virxe sobre unha peaña, cuberta cun grande manto, coas mans entrelazadas e unha daga metálica cravada no seu peito.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TUI/documents/27513CA105.PDF
(Ficha EET/93 – Páxina 89)
http://cruceirosdegalicia.xyz/3605515.html
http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/08/21/iglesia-teme-robo-cruceiros-extienda/1079186.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/08/20/arrancan-roban-virgen-cristo-dos-cruceiros-tui/0003_201408G20P9995.htm

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0967725411
Lonxitude: -8.64205732942
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84