Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Boqueixón
Parroquia: Lestedo (Santa María)
Lugar: Ardarís, Castrelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos con voo e pedestal cúbico rematado cun bocel e mediacana. Este pedestal ten unha inscrición en tódas as súas caras onde se le a súa data: “AÑO DE 1828”. O Varal é octogonal comezando en cadrado. Ten un capitel cuadrangular moldurado con cuarto bocel e mediacana e cun astrágalo circular e liso. A súa cruz é circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos coa man esquerda aberta e bendecindo coa dereita e, co pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai sen nós. Polo reverso da cruz fica a Dorosa cos dedos das mans entrelazados e unha frecha cravada no corazón. Leva un nimbo de ferro na súa cabeza estando a Virxe situada sobre as nubes. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación e, ademais, este cruceiro é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOQUEIXON/documents/27920ca006.PDF
(Páx.-9)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8004200528
Lonxitude: -8.46427828079
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84