Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Boqueixón
Parroquia: Ledesma (San Salvador)
Lugar: Ledesma
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” sen plataforma e cun pedestal cúbico. Ten un varal cuadrangular cun gran chafrán que comeza en cadrado e está remarcado. O capitel é troncocónico invertido con figuras de follas tipo cana de indias. A súa cruz é cuadrangular cos brazos en chafrán e, no seu anverso, presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, as mans abertas e a perna dereita sobre á esquerda. Inclina a cabeza lixeiramente cara adiante tendo unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Non hai imaxe polo reverso. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación. Ergueuse a principios do ano 1998 en lembranza a un xove falecido.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7964228101
Lonxitude: -8.34122993057
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84