Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vedra
Parroquia: A Ponte Ulla (Santa María Madalena)
Lugar: Ponte Ulla
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Foi fundada ou reedificada no seculo VIII por Odario, bispo de Lugo. A igrexa é de planta rectangular dunha soa nave cunha ábsida semicircular e cunha capela apegada. A súa cuberta é a tres augas con tella curva do país e os seus muros laterais están feitos a base de cachotería agás nos vans, esquinais e porta lateral rectangular. A ábsida está construída en perpiaño de granito irregular ó igual ca súa fachada. Do estilo románico conserva só a ábsida semicircular e os canzorriños do exterior. No seu lado sur, está a capela cunha bóveda estrelada de cinco claves, probablemente do século XVI. No interior, no arco central consérvanse uns frescos do século XVI representando a Anunciación.
Sobre a portada da fachada principal érguese unha espadana de dobre campá con remate triangular.
Polo demáis destaca a sobriedade do barroco galego que demostra a súa fachada coa escaseza de elementos decorativos. De abaixo arriba, e no seu eixo central, ábrese unha porta alintelada con restos dun antigo arco orixinal e un óculo sobre ela. Remátase cunha cornixa cóncavo-convexa e espadana de dobre corpo. O primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven para aloxar as campás. O segundo, un frontón triangular curvo cun arquiño de medio punto flanqueado por dous pináculos piramidais e rematado por outro pináculo moldurado e alongado que soporta unha cruz de forxa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VEDRA/documents/26071ca017.PDF (Páx. 3).
http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=5951&ctre=31


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7783925997
Lonxitude: -8.40256400408
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84