Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Vedra
Parroquia: Ribadulla (Santa Cruz)
Lugar: Ortigueira
Outra denominación do ben: Pazo de Santa Cruz de Ribadulla
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O pazo de Ortigueira e un fermoso conxunto no que se inclúe ademais da vivenda, a igrexa parroquial de Santa Cruz de Ribadulla, un hórreo, varias fontes destacando a Fonte da Coca, muíño, cruceiro e os seus xardíns e arborado.
A comenzos do século XVI, un canónigo da catedral de Santiago de Compostela, Juán Ibáñez de Mondragón, adquiriu as propiedades que co tempo convertiríanse no Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, coñecidas na época como a Torre e Casal de Ortigueira. Juán Ibáñez edificou unha capela, arranxou a vivenda e mercou as terras dos arredores. Durante anos foi a súa residencia no campo. O seu sobriño, o cardeal de Mondragón, extendeu as propiedades en décadas posteriores seguendo a darlle forma á finca. No ano 1574, encárgalle a Juán Bautista Celma un retablo para a capela e mercou unha pía bautismal, trasformando a igrexa en parroquia. Neste tempo trazáronse os camiños dos xardíns, como a impresionante “carreira dos olivos”. Os sucesivos donos adornaron e melloraron a casa e a finca, dotándoa de fontes, muíños e bancos de pedra. No ano 1648, Juán de Mondragón ampliou definitivamente a casa.
O pazo, de planta en “L”, está cuberta co tella curva do país, construído en pedra encalada agás en ocos, esquinas e puntos singulares, realizados en cantería á vista. Na fachada principal destacan os escudos da familia Mondragón e os diferentes arcos de acceso ó pazo, ademais dunha fermosa balconada na parte traseira. Está unido a igrexa parroquial por un arco declarado Ben de Interese Cultural.
A igrexa, de planta rectangular dunha soa nave e cuberta a dúas augas con tella curva do país, está construída con pedra encalada presentando na súa fachada, a porta rectangular de entrada, enriba desta unha pedra armeira e rematada por unha sinxela espadana dun só corpo.
Cabe destacar “a fonte da Coca” situada fronte o edificio principal. Foi construída polo taller compostelán de Diego de Romay, esta foille encargada polo primeiro Marqués de Santa Cruz de Ribadulla, Andrés Ibáñez de Mondragón y Ozores de Sotomayor. A “Coca” nome galego que se dá ó dragón alado da mitoloxía, forma parte do antigo símbolo heráldico do linaxe Mondragón.
Dos xardíns e arborado, desde o punto de vista botánico, o máis importante da propiedade é o conxunto de árbores monumentais que reúne, entre os que podemos destacar: os paseos de camelias (Camellia), olivos (Olea europaea), buxos (Buxus sempervirens), xigantescas magnolias (Magnolia grandiflora), o fento australiano (Dicksonia antarctica), a criptomeria (Cryptomeria japonica), os tulipaneiros de Virxinia (Liriodendron tulipifera), o ombú (Phytolacca dioica), o carballo piramidal (Quercus Robur var. Fastigiata), as palmeiras Washingtonia (Washingtonia robusta), así como un laranxo que lembra as antigas plantacións de cítricos de finca.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– “La Galicia de los pazos”. La voz de Galicia, 2001.
http://www.pazoderivadulla.com/historia/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VEDRA/documents/26071ca004.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VEDRA/documents/26071ca018.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VEDRA/documents/26071ca010.PDF (Páx.5).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7711889553
Lonxitude: -8.42589050553
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84