Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vedra
Parroquia: Ribadulla (Santa Cruz)
Lugar: Ortigueira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de catro chanzos e pedestal cuadrangular. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. No varal ten dúas imaxes de dous santos; un no anverso e outro polo reverso. Leva un capitel troncopiramidal invertido con imaxes de caras. A súa cruz é circular e no anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, as mans abertas e a perna dereita sobre a esquerda. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz Fica a Piedade. O cruceiro é todo de pedra cun bo estado de conservación. Segundo Luís Martín Ruiz no seu libro “Cruceiros na provincia da Coruña”, dí que o capitel e o crucifixo non pertencen ó cruceiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”. Volumen IV. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VEDRA/documents/26071ca021.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7723808703
Lonxitude: -8.42624522747
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84