Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Rianxo
Parroquia: Asados (Santa María)
Lugar: Somoza
Outra denominación do ben: Petróglifos do Alto do Pelotiño (Pilotiño ou Pelotiña)
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Trátase dunha estación de oito conxuntos de petróglifos situada moi preto da autovía do Barbanza. Na actualidade, non se atopa nun bo estado de conservación, e na maior parte das rochas apenas se distinguen uns pequenos buratos.
A finais de 1992 realizouse en Rianxo unha prospección de gravados rupestres incluída dentro dun plan da Xunta e o concello co resultado de 37 conxuntos de petróglifos. Os motivos dos atopados no monte Pelotiña son, principalmente, círculos, zig-zags e cazoletas, sen que haxa evidencias de figuracións humanas ou animais. Dos conservados, o número 8 quizais sexa o mellor, representando dous grandes círculos xuntos e con outros dous pequenos asemellando unha especie de órbita.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://dialnet.unirioja.es/servlet/fichero_articulo?codigo=1294596&orden=86260
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
A maior parte dos petróglifos non son doados de ver. Segundo a veciñanza, esa zona de monte conta con moi poucos coidados e probablemente os incendios sexan a principal causa deste deterioro.
Onde está localizado
Latitude: 42.67166869927751Lonxitude: -8.776724338531494
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
elixiovieites says:
Mar 23, 2014
Unha foto cos debuxos dos gravados da estación dos petróglifos de Barras, no Monte Pelotiño
http://fotosderianxo.files.wordpress.com/2010/12/estacionrupestreasbarras1.jpg
Miguel says:
Mai 26, 2017
Vaporizáronse. Erosionáronse tanto que non queda nada que ver. Só os carteis.