Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Rianxo
Parroquia: Asados (Santa María)
Lugar: Somoza
Outra denominación do ben: Petróglifos do Alto do Pelotiño (Pilotiño ou Pelotiña)
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Trátase dunha estación de oito conxuntos de petróglifos situada moi preto da autovía do Barbanza. Na actualidade, non se atopa nun bo estado de conservación, e na maior parte das rochas apenas se distinguen uns pequenos buratos.

A finais de 1992 realizouse en Rianxo unha prospección de gravados rupestres incluída dentro dun plan da Xunta e o concello co resultado de 37 conxuntos de petróglifos. Os motivos dos atopados no monte Pelotiña son, principalmente, círculos, zig-zags e cazoletas, sen que haxa evidencias de figuracións humanas ou animais. Dos conservados, o número 8 quizais sexa o mellor, representando dous grandes círculos xuntos e con outros dous pequenos asemellando unha especie de órbita.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://dialnet.unirioja.es/servlet/fichero_articulo?codigo=1294596&orden=86260


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

A maior parte dos petróglifos non son doados de ver. Segundo a veciñanza, esa zona de monte conta con moi poucos coidados e probablemente os incendios sexan a principal causa deste deterioro.


Onde está localizado

Latitude: 42.67166869927751
Lonxitude: -8.776724338531494
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84