Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña (comarca) / Sada
Parroquia: Meirás (San Martiño)
Lugar: Torrón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” coa plataforma enterrada e pedestal cuadrangular rematado en chafrán. O varal, tamén cuadrangular e coas arestas en chafrán, está roto máis ou menos pola metade e foi reparado con pezas de ferro. Ten un capitel cuadrangular con cuarto bocel que soporta unha cruz cuadrangular con pedestal. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e o pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas, un nimbo crucífero e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz non ten imaxe. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000011572
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SADA/documents/0350CA001.PDF (Pax. 1)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3568543104
Lonxitude: -8.30130524939
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84