Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Baixo Miño (comarca) / O Rosal
Parroquia: As Eiras (San Bartolomeu)
Lugar: Os Picóns / O Monte Real
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro que nace sobre unha base tipo neoclásico portugués. Nela podemos ver unha inscrición erosionada de difícil lectura, pero que aínda deixa ver o ano da súa feitura:
“SSMCHRISTO
DE MORALES
A DEBOCION DE (–)
(–) Y SU MUGER
(———)
AÑO DE 1788”

O seu varal é de sección cilíndrica con estrías con remate en moldura cadrada.
O conxunto remata nunha cruz de sección cadrada cos extremos dos brazos reforzados en cadrado. Nela aparece a imaxe de Cristo crucificado (o Cristo de Morales) baixo cartela de INRI.

Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.concellodorosal.es/urbanismo/PXOM_ROSAL.htm (Tomo V – Ficha E_005 – Páxina 211)

BIBLIOGRAFÍA
MARTINEZ TAMUXE, XOÁN. Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño. I Concello do Rosal. O Rosal, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.926622608
Lonxitude: -8.78789842129
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84