Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Baixo Miño (comarca) / O Rosal
Parroquia: Tabagón (San Xoán)
Lugar: A Paradela - Porrás
Outra denominación do ben: Peto de ánimas de Linos / Peto de ánimas da Paradela
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de ánimas de tipo pechado formando parte do muro de peche dunha finca privada.
O conxunto comeza cunha repisa a modo de base. Sobre ela podemos ver a fornela con arco de medio punto e protexida cunha pequena porta metálica. No seu interior aparece un retablo de madeira que, no pasado, tiña restos de policromía, pero hai uns anos foi pintado todo de negro. Presenta as imaxes dun bispo que ten á súa dereita un frade e á esquerda un crego. Por debaixo, tres almiñas entre as lapas do Purgatorio.
O peto remata nunha cruz pétrea sobre unha cúpula cadrada coas arestas rebaixadas.

As esmolas recollíanse pola parte traseira do peto.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.concellodorosal.es/urbanismo/PXOM_ROSAL.htm (Tomo V – Ficha E_152 – Páxina 356)

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
MARTINEZ TAMUXE, XOÁN. Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño. I Concello do Rosal. O Rosal, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9281901063
Lonxitude: -8.799803406
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84