Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Padrón
Parroquia: Iria Flavia (Santa María)
Lugar: Iria Flavia
Outra denominación do ben: Igrexa de Santa María de Adina
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

O primeiro templo de Iria foi arrasado no século X por Almanzor. Posteriormente, no XII, o arcebispo Xelmírez ordena a súa reconstrución, converténdoa en colexiata. Desta época só se conserva a portada principal gótica, xa que despois sufriu novas reformas. Así, a actual igrexa data dos séculos XVI e XVII, sendo unha das máis antigas de Galicia e o primeiro templo mariano do mundo. Tralo descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago o 25 de xullo do ano 813 por parte do bispo Teodomiro, a súa importancia decaeu, malia que a volvería a adquirir dentro do ámbito xacobeo.

A construción, de planta lonxitudinal e tres naves separadas por piares, conta na fachada con dúas destacadas torres escalonadas e unha portada na que se representa unha adoración dos reis magos. Posúe, ademais, dúas capelas acaroadas. A do lado sur, datada no XVII, é obra do arquitecto Melchor de Velasco; e a do lado norte, do XVIII, é a do Sagrario, dedicada á Virxe de Belén.

No adro son de salientar, ademais, a gran cantidade de antigos sartegos atopados. Ata 28 bispos tiveron aquí o seu lugar de repouso eterno, contando tamén con famosos coma Rosalía de Castro, hoxe soterrada en Santiago de Compostela, e Camilo José Cela, entre outros.

A colexiata foi suprimida en 1851, quedando o templo como parroquia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:

O retablo maior situado no seu interior está datado no século XVIII e é obra do escultor Romay.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://balinas.blogspot.com/2006/11/padron-iria-flavia.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.745869735843755
Lonxitude: -8.655145168304443
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84