Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Baixo Miño (comarca) / O Rosal
Parroquia: Tabagón (San Miguel)
Lugar: O Outón; O Cruceiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Este peto de ánimas forma parte do muro dunha vivenda privada.
Nace sobre unha base moldurada. A continuación vemos a fornela con arco de medio punto. No seu interior aparece un retablo pétreo policromado no que destaca unha cruz. Por debaixo dela varias imaxes entre as lapas do Purgatorio como son un bispo, entre un monxe e un sacerdote e, noutro plano, tres almiñas femeninas con pelo longo.
Por debaixo do retablo lemos a seguinte lenda:
“BENITEZ ME FECIT.
AÑO DE 1808”

O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica.

O peto para as esmolas o podemos ver na repisa da fornela.

Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.concellodorosal.es/urbanismo/PXOM_ROSAL.htm (Tomo V – Ficha E_085 – Páxina 291)

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
MARTINEZ TAMUXE, XOÁN. Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño. I Concello do Rosal. O Rosal, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9174692852
Lonxitude: -8.8190241158
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84