Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Rois / Sar (comarca)
Parroquia: Urdilde (Santa María)
Lugar: Vilariño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O cruceiro levántase a carón dunha fonte sobre plataforma de tres chanzos e un pedestal cúbico, con aresta superior moldurada e rebaixada en chafrán. Hai unhas letras gravadas na cara frontal, a día de hoxe case ilexibles, pero onde se ve a data da construción 1888. Varal de arranque e remate en sección cadrada e octogonal en todo o seu desenvolvemento en altura. A media altura e apegados ao fusta as figuras de San Antonio de Padua e San Francisco. Capitel de abaco de lados curvos e con adornos de volutas, motivos vexetais e caras de anxos nos seus catro lados. O grupo de imaxes que vemos na cruz, escenificando o desencravo, parece estar tallado dunha soa peza de granito. Nel podemos ver un Cristo que está a ser desencravado da cruz, de sección circular, por dúas figuras subidas a dúas escadas polo reverso da cruz, na da dereita Xosé de Arimatea con hábito e na esquerda Nicodemo, con turbante e aguantando cunha man o brazo do crucificado e coa outra desanoándoo da cruz. No reverso, entre as escadas, hai unha figura fiminina coas mans en posición de oración. Na parte frontal unha figura máis pequena, que semella un de mozo, subido a unha escada máis pequena aguanta o peso do corpo de Xesús. María ao pé da escena coa coroa de espiñas na man, está de xeonllos, coa cabeza cuberta cun manto.
Este cruceiro atribúese a saga dos santeiros de Chave (Concello de Lousame) que comezou con Andrés Castaño Fernández, O Vello Santeiro de Chave (1825-1914)


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ROIS/documents/0349CA012.PDF
pax 4
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/Escultores.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra:
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8226261666
Lonxitude: -8.73119920492
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84