Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Padrón
Parroquia: Cruces (Santa María)
Lugar: A Escravitude
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O monumental Santuario da Escravitude, situado a medio camiño entre Santiago e Padrón, data do século XVIII. Como elemento salientable na fachada principal, precedida por un atrio cunha grande escalinata de acceso, destacan as dúas torres de grande altura, rematada unha delas no século seguinte ao da construción. O templo posúe planta de cruz latina e unha única nave con cabeceira cuadrangular. Destaca, tanto en altura como en planta, o cruceiro, rematado nunha lanterna ao exterior.
Segundo a lenda, a finais do século XVI o párroco de Cruces mandou colocar no lugar, enriba dunha fonte, unha imaxe da Virxe co neno, en agradecemento aos favores recibidos da santa. Anos despois, xa no século XVIII, un home enfermo que se dirixía a Santiago para pedir curación da súa hidropesía, bebeu da fonte situada baixo a escalinata do adro, curándose ás 72 horas sen tratamento médico algún. O home, agradecido, dixo a seguinte frase que lle dou o nome o santuario: “Grazas, Virxe, que me libraches da escravitude do meu mal”. Máis adiante, a igrexa comezou a construírse cun carro de bois que o agraciado doou para levantar o edificio.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
No interior destacan os retablos barrocos que posúe.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.78401181332383Lonxitude: -8.64974856376648
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Manuel says:
Nov 17, 2017
Es impresionante a su paso por la carretera, pena el entorno… Deberian obligar al ayuntamiento a humanizar el entorno.