Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Ames / Santiago (comarca)
Parroquia: Trasmonte (Santa María)
Lugar: Salgueiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Mámoa duns 18 metros de diámetro que se eleva do terreo da contorna uns 1.8 m. Presenta cono de violación, non ten esteos visibles e está cuberta de moita vexetación. Está na divisoria das parroquias de Ames e Trasmonte, a 275 metros de altitude, nunha zona chan do cordal de montes que as separan. Está ao lado dunha pista forestal e formando un conxunto de dúas mámoas con outra que se atopa a uns 70 metros cara ao noroeste. A imaxe secundaria da ficha é un LiDAR-PNOA cedido por © Instituto Geográfico Nacional- Xunta de Galicia». Figura no arquivo de patrimonio do servizo de arqueoloxía da Xunta de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15002056
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8967959337
Lonxitude: -8.67078781128
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84