Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Oleiros
Parroquia: Dorneda (San Martiño)
Lugar: O Castro, Breixo
Outra denominación do ben: Agra dos Castros, A Croa, Os Redondos.
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Asentamento de forma ovalada situado nun outeiro a uns 107 metros sobre o nivel do mar. Ten unhas medidas duns 85 metros de diámetro no eixo NO-SL por uns 120 metros no eixo NL-SO. Está defendido por uns terrapléns que non superan o metro e medio na súa parte máis alta ollando nos seus bordes; na zona NL, na zona NO e na zona SSO, unhas escavacións no chan con forma ovalada que parece veñen sendo zonas de extracción de terra ou pedra para algún tipo de obra pero, ó estar moi cuberto de vexetación é difícil constatalo se non se fai unha limpeza do mato. No sur, pegado o xacemento, hai o que semella uns depósitos de auga. Dicir tamén que o camiño que nos leva ata eses depósitos chámaselle “rúa da Croa” e o monte onde se sitúa este xacemento, O Castro.
Reseñar tamén, que está a unha distancia dun quilómetro ó NO do Castro de Morro Canide; hoxe desaparecido por mor dunha urbanización, a un quilómetro e medio ó SL do Castro de Xaz e a 2,85 Km ó leste do castro de Meirás.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– COMENDADOR REY, B., FERRER CRUZ, J., VÁZQUEZ COLLAZO, S.: “Os castros do concello de Oleiros”. Anuario Brigantino 2007, nº 30.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3658547064
Lonxitude: -8.33280757072
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84