Outra fotografía:

Tipo de ben: Calvario,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tui
Parroquia: Ribadelouro (Santa Comba)
Lugar: A Magdalena
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Calvario formado por cinco cruces. A cruz central posúe varal de sección cadrada coas arestas achafranadas, capitel xeométrico e cruz de arestas achafranadas. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado no anverso e unha imaxe pouco definida no reverso.
No varal aparece tamén o gravado dun cáliz, e unha data que fala do ano da súa feitura: “1830”
As cruces laterais son de sección cadrada sen imaxes.

O Calvario forma parte do Via Crucis que comeza dende a igrexa parroquial.

No pasado este lugar o ocupaba a desaparecida capela da Magdalena. A súa imaxe foi trasladada á igrexa parroquial.

Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TUI/documents/27513CA105.PDF
(Ficha EET/92 – Páxina 88)

ENLACES DE TIPO LEGAL

http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0977288421
Lonxitude: -8.63951861858
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84