Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Caldas (comarca) / Cuntis
Parroquia: Troáns (Santa María)
Lugar: San Ildefonso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Ermida feita a base de perpiaño granítico labrado e escuadrado, de planta rectangular dunha soa nave e teitume a dúas augas. As esquinas da ermida posúen pináculos de bóla. Na fachada principal podemos ver unha porta de acceso lintelada e flanqueada por dúas fiestras cadradas, unha delas cun peto de ánimas (http://patrimoniogalego.net/index.php/89979/2016/11/peto-de-animas-na-ermida-de-san-ildefonso/). Por riba da porta un pequeno ocelo con derrame interno e, no cume, unha espadana dun só oco con remates en pináculos de bóla.
No interior destacan varias imaxes de San Ildefonso e San Xoán Bautista.
Aínda que non se coñece o ano da súa construción (posiblemente de época medieval), sábese que xa existía no século XVI.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Segundo Frei Martín Sarmiento, antigamente a ermida levaba o nome de San Xoan Bautista.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
Normas subsidiarias
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/PONPA002.PDF
(pax 9)
http://www.turismodecuntis.es/
http://patrimoniodecuntis.blogspot.com.es/2013/04/igrexa-de-sta-maria-de-troans-ermida-do.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6167216227Lonxitude: -8.59168276191
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84