
Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Borraxeiros
Lugar: Monte da Devesiña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
A necrópole da Devesiña fórmana tres mámoas dispostas nunha ringleira de escasamente 100 m. Destaca a situada máis ao sur, duns 26 metros de diámetro que conserva á vista dous esteos e unha lousa deitada no chan que a xulgar pola altura, por riba dos 2,5 metros, debe conservar o dolmen case completo. A un 45 metros ao suroeste, a segunda das mámoas duns 18 metros de diámetro e con trazas de ser rebaixada e violada para sacarlle as lousas que formaban o dolmen, polo que a altura escasamente supera o metro. Semellante en medidas e a terceira situada a 37 metros ao sueste da anterior, a pé dunha pista forestal. Entre estas dúas últimas poden verse varias lousas que semellan que formaron parte das súas cámaras sepulcrais.
A imaxe e información desta ficha son cortesía de Daniel González Alén. A segunda imaxe e un LiDAR-PNOA cedido por © Instituto Geográfico Nacional- Xunta de Galicia
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8206981855Lonxitude: -7.97951817513
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84