Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Caldas (comarca) / Cuntis
Parroquia: Troáns (Santa María)
Lugar: O Campo
Outra denominación do ben: Pazo Abacial de Troáns
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación de finais do século XVIII feita en perpiaño granítico e cachotería irregular, con cuberta a catro augas e composto de baixo e primeiro andar.
O pazo, duns 450 metros cadrados por planta, posúe unha fachada principal feita coa pedra de mellor factura. No muro lateral destaca un fermoso patín que da acceso ao primeiro andar. No teitume podemos ver tamén dúas chemineas.
No interior da finca da reitoral destacan o pombal e o hórreo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Nun dos esquinais da reitoral podemos ver un reloxo de dúas caras: a que mira ao sur é o reloxo ortomeridiano, e a que mira ao este é un reloxo mediriano.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
Normas subsidiarias
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/PONPA002.PDF
(pax. 9)

http://www.turismodecuntis.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Abandonado dende fai poucos anos. A maleza e o lixo comeza a cubrir o patio de entrada.


Onde está localizado

Latitude: 42.6193546647
Lonxitude: -8.59303593636
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84