Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Caldas (comarca) / Cuntis
Parroquia: Troáns (Santa María)
Lugar: San Ildefonso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre 4 chanzos de sección cuadrangular; nun dos lados podemos ver un pequeno pousadoiro.
A súa base, cadrada con molduras e cun adorno circular na parte superior, soporta un varal que nace en sección cadrada e continúa en octogonal. A continuación o capitel tipo xónico, con volutas e caras de anxos nos seus catro lados.
O conxunto remata nunha cruz florenzada na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe co Neno no colo no reverso, acompañada de dous anxos na parte superior e de tres rostros na parte inferior formando unha peaña.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://patrimoniodecuntis.blogspot.com.es/search/label/CRUCEIROS?updated-max=2013-01-19T09:29:00-08:00&max-results=20&start=7&by-date=false
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
A súa situación, ao carón da estrada nacional N-640, fai que sexa un “blanco fácil” para os coches.
Segundo nos contou a veciña da casa contigua, os vehículos golpean continuamente ao cruceiro.
No momento de facer a foto (outubro de 2016) varios dos chanzos estaban fora do seu sitio.
Onde está localizado
Latitude: 42.6174282521Lonxitude: -8.59145075083
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84