Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Caldas (comarca) / Cuntis
Parroquia: Cuntis (Santa María)
Lugar: Transponte
Outra denominación do ben: Cruceiro da Ponte
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres grosos chanzos coas arestas rebaixadas. A súa base aparece decorada con caveiras nos vértices e unha serpe.
A continuación o varal, de sección octogonal que perde corpo a medida que sube. No capitel, profusamente decorado, podemos ver tres cabezas de anxos. O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Dolorosa cunha espada cravada no peito no reverso.
O peto de ánimas, de tipo aberto, aparece pegado ao cruceiro. Nel podemos ver un retablo con varias imaxes entre as que destacan a pomba do Espírito Santo, San Francisco e a Virxe. Na parte baixa aparecen cinco almiñas, unha delas con cordón.
O retablo, que no pasado estivo policromado, posúe unhas inscricións hoxe ilexibles. Aos pés do retablo podemos ver o caixón das esmolas.
Este elemento etnográfico atópase no adro do Convento de San Bieito de Pereira de Cuntis.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/3601503.html
http://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/conventobenedictino/
https://drive.google.com/file/d/1WC8OG9e84zyoZSTsMt5CsC3QSKizXHyi/view?fbclid=IwAR1XOsKs3Xzygf_Bks-m2rKvJYuPVSZ7ajZ2-fPTpO7qV6e93vFrByY-dRo

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Cuntis. Edit: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). 2009.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Edit: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). 1997.
LAREDO VERDEJO, Jose M. Os nosos cruceiros. Xuntanza Editorial, 1993.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6351525516
Lonxitude: -8.56743827462
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84