Outra fotografía:

Tipo de ben: Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas),
Concello: Bergantiños (comarca) / Cabana de Bergantiños / Coristanco
Parroquia: Corcoesto e Valenza
Lugar: Aldemunde
Outra denominación do ben: Aldemunde, val fluvial do Lourido.
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Antiga aldea ubicada entre os concellos de Cabana de Bergantiños e Coristanco. Tivo a súa importancia nos séculos pasados, onde se celebraba mercado semanal. Ao longo do século XVI e XVII pódese constatar que a Corcoesto chegaba xente foránea a Galicia. Un dos motivos era a fama do ouro na zona, de aí os bateiros do río Lourido e das berias do Anllóns, que eran buscadores de ouro, pero tamen tiña a súa xustificación na lonxanía de Galicia cos centros de persecución relixiosa españois de xudeos e conversos, polo que favorecía que moitos deles buscaran refuxio nas vilas galegas sobre todo do interior.
Dábase a paradoxa de que a medida que triunfaba a Contrarreforma en España, a Galicia e as súas vilas do interior chegaban cada vez máis xudeos e moriscos desterrados. Constatados estes feitos o poder real seguía a súa política de domar aquela terra de Galicia, iniciada polos reis católicos, Isabel e Fernando, segundo consta na documentación da época.
Desta época é precisamente a auxe vivida pola aldea de Aldemunde, hoxe en ruínas, no veciño municipio de Coristanco. Aldemunde era unha aldea na que incluso se celebraba mercado semanal. O seu propio nome indica que é unha aldea do mundo, composta por mestizaxes e xentes de diversos lugares. De feito nas ruínas que existen, pódese apreciar o detalle en oxiva das fiestras, que lembra a arquitectura morisca.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Revista “Historia de Corcoesto, nº 1”. Ano 2016. Asociación cultural e ambiental Petón do Lobo.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Afectado pola maleza.


Onde está localizado

Latitude: 43.1986063936
Lonxitude: -8.83412361145
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84