Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Caldas (comarca) / Cuntis
Parroquia: Cuntis (Santa María)
Lugar: Rúa A Palma
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de finais do século XVII que nace sobre un chanzo cuadrangular con inscricións nas que aparecen os nomes dos promotores do cruceiro:
“Izolo P(edr)o Deira i Do / mingo do Canpo / ano 1697”.

A súa base, chan e de sección cilíndrica, da paso a un varal octogonal que posúe dúas imaxes, unha delas San Domingos de Guzmán, cunha vara de azucenas na man dereita e un libro na esquerda, e un can aos seus pés.
O capitel cadrado da paso a unha cruz de sección cadrada coas arestas achafranadas, na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe co Neno no colo no reverso.
Ata principios do século XX este cruceiro atopábase na Praza do Ferrol.

Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/360150401.html
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/caldas-deza/retorno-do-cemiterio-praza-ferrol/202102171730031127319.html

https://drive.google.com/file/d/1_BO8eYoOsX39B_laFnoiMxJ3CzrB9lJ0/view?fbclid=IwAR05g4g8kzCGiTUTsmcjXt5_tTFvzpTCooxTN3HyJJJEZpZgnjB_LHUv2Tw

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA, E. (2009). Cruces, cruceiros e petos do concello de Cuntis. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6324609777
Lonxitude: -8.5598140955
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84