Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Barbadás
Parroquia: Piñor (San Lourenzo)
Lugar: Requeixo - Deleirón - O Padrón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Fonte barroca, de uso público, construída no século XVII (segundo a inscrición frontal, en 1661), e posiblemente vencellada ó Pazo de Lemos, na mesma parroquia.
Feita a base de perpiaño de granito, moi abundante na contorna, é de moi boa feitura. Formada por unha pequena bóveda de canón que se introduce no interior do monte no que se asenta, está pechada no seu frontal por outros dous perpiaños, que non cubren todo o frontal; no inferior se fixo un corte onde colocou o pito, e no superior está gravada a inscrición ca data. Remátase este frontal cunha estrutura de perpiaño e cachote que lle da unha forma rectangular cun pequeno saínte superior, incidindo na súa aparencia pequeno–monumental.
A estrutura máis que de fonte, corresponde a unha mina de auga, tan abundantes no sueste de Galicia.
Ó pé da pito sitúase unha pequena pía para recoller o auga e pousar os recipientes.
É unha fonte que, a pesar de estar algo alonxada dos núcleos máis próximos, segue a ser usada pola calidade da súa auga.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
A única tradición ampliamente difundida é que as súas augas son boas para abrirlle o apetito ás persoas.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.335955824Lonxitude: -7.91273653507
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84