Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Caldas (comarca) / Cuntis
Parroquia: Cuntis (Santa María)
Lugar: Transponte
Outra denominación do ben: Convento benedictino de San Bieito de Pereira
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Edificación feita en pedra granítica, con planta de cruz latina con engadidos posteriores. Na súa fachada principal, de estilo neoclásico, podemos ver unha porta de acesocon arco de medio punto. Sobre ela aparece unha fornela presidida pola imaxe do patrón. Máis arriba unha ventá cadrada e un frontón moldurado con remates en pináculos de copa nos laterais e cruz de ferro no cume.

No interior podemos destacar o altar maior (que olla cara ao solpor). Tamén destacan varias imaxes, como un San Bieito e a súa irmá, Santa Escolástica, xunto ao popular “Demo de Pereira”, escultura na que se representa ao arcanxo San Miguel que mata a Satanás.

O aceso ao recinto realízase por medio dun portalón coroado cunha cruz de pedra e un par de pináculos. No adro podemos ver un cruceiro de ánimas (http://patrimoniogalego.net/index.php/90065/2016/11/cruceiro-de-animas-do-convento/)

Esta igrexa forma parte do convento de clausura creado no ano 1868 por Carme Baliñas de Castro, unha fidalga natural destas terras, logo de tomar os hábitos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Normas subsidiarias
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/PONPA002.PDF (p. 9)

http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=4625

http://www.concellodecuntis.es/index.php/templos-parroquiais-e-conventuais/san-bieito-de-pereira

http://turismoriasbaixas.com/en/web/portal-web/recursopan1?content=280377987


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6349956779
Lonxitude: -8.56747046113
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84