Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Cruceiro, Fonte,
Concello: Noia (comarca) / Outes
Parroquia: Santo Ourente de Entíns
Lugar: Mosteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Construída no ano 1668, preto desta capela existiu un antigo edificio coñecido como o Convento do Rial. A construción presenta unha soa nave rectangular cuberta con bóveda de canón e dividida en tres treitos por senllos arcos faixóns de medio punto. No tramo central aparece unha bóveda de aresta, ao igual que na capela lateral. A cabeceira é de menor altura que o resto da nave e ten engadida a sancristía no lado do Evanxeo. A fachada, moi sinxela, está presidida pola portada e un van cuadrangular, coroada por unha cruz e unha pequena espadana situada no lateral.

A capela, situada detrás da igrexa parroquial de Santo Ourente, forma parte dun conxunto xunto cun cruceiro e unha fonte. O primeiro é obra do escultor Ferreiro. Posúe escasa altura e non ten a imaxe do Crucificado, ostentando no seu baseamento un brasón. A fonte, presidida pola imaxe de San Campio nunha fornela, atopase por debaixo do resto do nivel do conxunto e chégase a ela baixando unhas escaleiras.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

A fonte acuden numerosas persoas en Romería a esconxurar os seus males, atribúenselle poderes milagreiros contra todo tipo de males.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA

SORALUCE BLOND, José Ramón e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Xosé: “Arquitecturas da Provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son”.

PÁXINAS WEB

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA012.pdf
(p. 5 – capela)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA020.pdf
(p. 3 – cruceiro)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA016.pdf
(p. 1 – fonte)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8627648735
Lonxitude: -8.9001595974
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84